Follow us on Twitter
Hoxe xoves ás 23h programa 47 de Plástico Elástico en Radio PAI PDF Print E-mail
Thursday, 09 June 2011 13:53

Metralletas lecherasEsta semana en Plástico Elástico recibimos a visita dos compostelanos Metralletas Lecheras que se achegaron ao noso estudio para falarnos do seu novo disco "Melodías para Romanos" (Bowery Records, 2011). Disco de vinilo que estarán presentando mañá venres 10 de xuño ás 22.00 no Cachán Clube de Compostela acompañados do grupo de Chantada Le Cûl.

Asimesmo, pasouse polo noso programa Xocas López (batería de The Homens) para presentarnos o cartel da 10ª e derradeira edición do Festival Rock en Costa que se vai celebrar este sábado día 11 de xuño ás 21.00 no compostelano barrio do Castiñeiriño.

Na nosa axenda semanal recomendamos os concertos que ofrecerán estes días por Galicia bandas coma: Motociclón,Misterioso Viaje Holanda, Post Mortem e The Cynics.

Falamos da presentación do novo videoclip dos coruñeses Combo Dinamo "Quieto, Muere, Resucita!!!" que terá lugar este sábado ás 12 da noite no Pub 14! de A Coruña e rematamos a edición co novo traballo de Uxía "Meu Canto" (Fol Música, 2011), editado con motivo dos seus 25 anos de carreira.

Nesta edicion soaron: Metralletas Lecheras, Le Cûl, Samesugas, RedullosThe HomensMotociclónCombo DinamoMisterioso Viaje HolandaPost MortemThe CynicsInvivo e Uxía.

Escoita ou descarga o programa facendo click en "escoitar programa" ou sintonízanos os xoves ás 23.00 en todo o planeta desde www.radiopai.com e ao longo da semana nas ondas hertzianas da túa cidade: Radio Kalimera (Compostela), Cuac F.M. (A Coruña), Radio Filispím (Ferrol), Radio Roncudo (Corme), Radio Neria (Corcubión) e Radio Piratona (Vigo). Consulta os horarios e puntos do dial na páxina de información do noso Facebook.

Podes descargar o Podcast na sección de podcasts de Plastico Elastico en Radiopai

 

 

 

Plástico Elástico

www.plasticoelastico.com

facebook.com/plasticoelastico

www.akalimera.org

www.radiopai.com

This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Related