Follow us on Twitter
Esta semana programa 60 de Plástico Elástico en Radio PAI PDF Print E-mail
Thursday, 24 November 2011 18:53

kastoma_chicharro
Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita de KastomäChícharo Psicótico. As dúas bandas de Ordes achegáronse ao Musical Underground Especializadopara presentarnos os seus últimos traballos discográficos e a Xira que ámbolos dous grupos realizarán ao longo dos vindeiros meses por diferentes puntos da xeografía galega.

Repasamos a Axenda de Concertos recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Combo Dinamo, Disco Las Palmeras, Mato Grosso, SupersubmarinaLos Chavales, Sés, MeneoCat People e Sarah Jaffe (Voces Femeninas).

Regalamos Entradas para ver esta semana en Compostela a Combo Dinamo (Ultramarinos), Los Chavales (Cachán Clube) e Meneo (Club La Radio).

 

Nesta edición soaron: Kastomä, Chícharo Psicótico, Combo Dinamo, Disco Las Palmeras, Mato Grosso, Supersubmarina, Los Chavales, Sés, Meneo, Cat People e Sarah Jaffe.

Sintonízanos On Line os Xoves ás 23.00 en Radio Pai e ao longo da semana en Cuac F.M., Radio Kalimera, Radio Filispím, Radio Roncudo, Radio Neria e Radio Ordes (Consulta os novos horarios e frecuencias na páxina de información do noso Facebook).

Podes descargar o Podcast na sección de podcasts de Plastico Elastico en Radiopai


Plástico Elástico

www.plasticoelastico.com

facebook.com/plasticoelastico

www.akalimera.org

www.radiopai.com

This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it

 

 

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Related