Follow us on Twitter
Programa 62 de Plástico Elástico PDF Print E-mail
Thursday, 08 December 2011 15:36

Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita dos vigueses Dixie Town, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para presentarnos en Primicia os temas do seu último e 3º disco "Fat & Superb" (Sound Dealers, 2010) en Formato Acústico. Asemade, adiantáronnos un novo tema que formará parte do seu 4º Traballo "O Furacán", que se editará a finais do vindeiro ano 2012.

Adiantamos 3 temas do que será o novo e 3º Disco do cuarteto de Punk-Rock compostelano Samesugas, que levará por título "They Are Out There" e que editará en formato CD o Selo Compostelano Lixo Urbano o 17 de Decembro. En Nadal deste mesmo ano o disco porase tamén en circulación en formato Vinilo con CD incluído. "They Are Out There" presentarase en directo o 17 deste mesmo mes no Liceo Mutante de Pontevedra, onde Samesugas compartirán escenario cos cataláns "Secret Army" e os Don Ramirenses "Nobody's Fool".

Despedimos esta nova páxina de actualidade musical con The Kanaloas (cuarteto coruñés que recrean o espírito das bandas de Surf de principios dos 60), un dos grupos que formará parte do cartel do 2nd Rock-A-Billy Boogie Night, que terá lugar o Sábado 21 de Xaneiro de 2012 na Discoteca Sarela de Compostela.

Nesta edición soaron: "Warm And Confident", "I Wonder Who", "Tema Inédito", "It Isn't A Love Letter" e "Soul Assistant" de Dixie Town, "Exploding Heart", "Tóxico Injecta" e "They Are Out There" de Samesugas e "Quasimoto Stomp" de The Kanaloas.

Sintonízanos On Line os Xoves ás 23.00 en Radio Pai e ao longo da semana en Cuac F.M., Radio Kalimera, Radio Filispím, Radio Roncudo, Radio Neria e Radio Ordes (Consulta os novos horarios e frecuencias na páxina de información do noso Facebook).

Podes descargar o Podcast na sección de podcasts de Plastico Elastico en Radiopai

 

Plástico Elástico

www.plasticoelastico.com

facebook.com/plasticoelastico

www.akalimera.org

www.radiopai.com

This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it

 

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Related