Follow us on Twitter
Programa 63 de Plástico Elástico en Radio PAI PDF Print E-mail
Thursday, 15 December 2011 10:46

mato_grosso
Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita dos compostelanos Mato Grosso, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para presentarnos o seu Primeiro e Flamante L.P. "Blanco Perfecto" (Autoeditado, 2011).

Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de PacíficoSamesugasBaldosa AmarillaSinestesiaBlows.

Regalamos Entradas para ver en directo aos vigueses Pacífico (Xoves 15 de Decembro no Moon Music Club de Compostela, presentando o seu Novo Disco "Indestructible") e aos compostelanos Sinestesia (Mércores 21 deste mesmo mes, na mesma Sala, presentando o seu Novo E.P. "Días de Cine"). Para conseguir unha delas, envíanos o antes posible un Mail ao enderezo do programa, respondendo correctamente á pregunta formulada nesta edición e indicándonos os teus datos persoais.

Despedimos esta nova páxina de actualidade musical lembrando o Concerto Solidario Blows Fuck Cancer, que terá lugar o Xoves 22 de Decembro no Mondo Club de Vigo, no que Amigos Artistas da talla de Amaro e Iván Ferreiro, Eladio y Los Seres Queridos, Ibán Marciano, March, Meteoro DJ, Nicolás Pastoriza, Paco Cat People, Pedrito Diablo & Los Cadáveras, Silvia Superstar, Thee Tumbitas e Triángulo de Amor Bizarro actuarán xunto a Blows e Especialmente a Álex Lago (Baixista do grupo vigués).

Nesta edición soaron: "SixFourNine", "Vichy Catalán", "Ni Todo Lo Demás" e "Mato Grosso" de Mato Grosso, "Día D" de Pacífico, "They Out Are There" de Samesugas, "Siempre en Espiral" de Baldosa Amarilla, "La Ciudad y Otros Escenarios" de Sinestesia e "Mujeres Que Corren con Lobos" de Blows.

Sintonízanos On Line os Xoves ás 23.00 en Radio Pai e ao longo da semana en Cuac F.M., Radio Kalimera, Radio Filispím, Radio Roncudo, Radio Neria e Radio Ordes (Consulta os novos horarios e frecuencias na páxina de información do noso Facebook).

Podes descargar o Podcast na sección de podcasts de Plastico Elastico en Radiopai

 

Plástico Elástico

www.plasticoelastico.com

facebook.com/plasticoelastico

www.akalimera.org

www.radiopai.com

This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Related