| Esta semana programa 66 de Plástico Elástico en Radio PAI |
|
|
|
| Thursday, 19 January 2012 10:40 |
Esta semana en Plástico Elástico recibimos a visita dos compostelanos Samesugas, que se achegaron ao Musical Underground Especializado para merendar con nós e presentarnos os temas do seu Terceiro e Flamante L.P. "They Are Out There" (Lixo Urbano, 2011). Repasamos a Axenda de Concertos Recomendados para os vindeiros días por Galicia, prestando especial atención ás actuacións de Voltaica, The Right Ons e BlueSkank. Asemade, pegamos o último repaso ao cartel do 2nd Rock-A-Billy Boogie Night. Regalamos Entradas para ver en directo aos madrileños BlueSkank (Venres 27 de Xaneiro no Marrucho de Baiona, Sabado 28 de Xaneiro en La Iguana Club de Vigo e Domingo 29 de Xaneiro no Aturuxo de Bueu) presentando o seu Novo Disco "Taking Off". Para conseguir unha delas, envíanos o antes posible un Mail ao enderezo do programa, indicándonos os teus datos persoais. Nesta edición soaron: "They Are Out There", "Exploding Heart", "Who Do You Think You're Fooling?", "Open Up Your Door" e "Get You While I Can" de Samesugas, "Vender Terror" de Voltaica, "On The Radio" de The Right Ons, "Dirty Little Town" de The Caravans e "Corrupted" de BlueSkank.
Sintonízanos On Line os Xoves ás 23.00 en Radio Pai e ao longo da semana en Cuac F.M., Radio Kalimera, Radio Filispím, Radio Roncudo, Radio Neria e Radio Ordes (Consulta os novos horarios e frecuencias na páxina de información do noso Facebook).
Podes descargar o Podcast na sección de podcasts de Plastico Elastico en Radiopai Plástico Elástico This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it
|