Follow us on Twitter
Non sabes que regalar este nadal? Nós temos unha proposta PDF Print E-mail
Friday, 17 December 2010 16:42

Se ainda non sabes que regalar este nadal, aquí tes a nosa proposta. Para os máis pequenos o novo traballo escolar realizado editado por PAI Música "Celtic Roots".

Celtic Roots é un proxecto educativo multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común.
Este CD-DVD recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumnado dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John’s Catholic Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan’s School de Bray (Irlanda), e contou coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e  Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo.

 

 

 

 

 

PREZO 16,96 €

Reservar Celtic Roots

CONTIDOS do LIBRO
48 páxinas a todo cor
Letras das cancións
Breve historia de cada unha das cancións
Textos en 4 idiomas (galego, castelán, inglés e gaélico)

CONTIDOS do CD
10 cancións
CD-ROM Multimedia con  (partituras (PDF), letras (PDF) e fotografías)

CONTIDOS do DVD
4 videoclips
4 videoclips con karaoke
1 video de cómo se fixo
Audio 5.1


E para os nenos máis grandes temos tamén unha proposta, o disco "O Aghinaldo" das Malvela.

O Aghinaldo ("el aguinaldo"), adicado íntegramente aos cantos de Navidad. En virtude da nova aportación musical das mulleres cantoras de Mos, xurde o espectáculo "o Natal dos simples" ("La Natividad de los simples"), co subtítulo de "Cantos de Nadal da Galiza, de Portugal e do Mundo", que levou ás Malvela e a formación portuguesa Vozes da Ràdio a interpretar villancicos tradicionais de diversos países no Pazo da Cultura de Pontevedra ou no teatro Sá Miranda de Viana do Castelo (Portugal). Desa maneira lévase á escea un percorrido para a tradición popular, polo Nadal, da xente do pobo, para o que contaron coas colaboración especiais de Quim Farinha (Berrogüetto) ao vilón, Fran Eiras (Irtio) á guitarra acústica, Xaquín Xesteira "Xocas" (Treixadura) á gaita e ao oboe e, unha vez máis, Uxía Senlle á voz.

Este traballo contén CD e DVD.

Malvela sorprendeunos o ano pasado con "O Aghinaldo", un completísimo traballo adicado íntegramente ós cantos de Nadal (panxoliñas, aninovos, xaneiras e cantos de reis). Este traballo continúa tendo toda a vixencia e inclúe un CD cunha pista interactiva (letras, partituras e mais fotos), e un DVD con un extenso documental onde as Malvela cóntannos como vivían o Nadal, tres vídeoclips e unha sección karaoke con audio Dolby Dixital 5.1.¡Interesantísimo traballo!

PREZO 16,96 €

comprar_aqui_gl