| Mitocondrias presenta o seu disco no FAX 2009 de Ourense |
|
|
|
| Thursday, 18 June 2009 19:39 |
|
Que me quiten lo bailao
O quinto disco do grupo ourensán “Mitocondrias”, titulado “QUE ME QUITEN LO BAILAO”, esta a venda, exclusivamente en edición dixital, dende o mes de maio do presente ano na páxina web da compañía Pai música. Once temas gravados pola técnica “todos a de tres”, e mesturados pola técnica “unha perna tapa a outra”, e todo feito no estudio “A Casa de Tolos”de Gondomar, dende xaneiro ate abril do ano 2.009. Técnico de gravación e productor Segundo Grandio. Nove temas foron compostos enteiramente por David Taín, noutro tema Carlos Taín fixo a letra e David a música, e na versión do tema dos Rolling Stones “Sister Morphine”, David adaptou a letra o castelán e Gary Robert compuxo a música.
|