| As Batuko Tabanka arrasan nos medios especializados ingleses |
|
|
|
| Viernes, 11 de Junio de 2010 09:42 | ||
|
O CD recopilatorio de fRoots é un icono mundial do mellor do música folk internacional que conta cunha traxectoria de once anos de publicacións, converténdose na actualidade en auténticas pezas de coleccionista e nun referente para as radios especializadas de todo o mundo. O propósito destes de CDs é recopilar para os lectores, o mellor da música e artistas referenciados e recomendados ao longo do ano pola propia revista. A publicación sairá a venda a finais de xullo no que será a publicación doble da revista (agosto / setembro 2010) para todos os suscritores que ten a revista en todo o mundo. Batuko Tabanka, o disco máis valorado internacionalmente. Charlie Gillett, presentador do lexendario programa Radio3 da BBC, eloxiou tamén no seu programa o disco das cabo verdianas de Burela impresionado pola calidade musical do traballo e da súa edición. Por outra banda, o periodista Howard Male colaborador do periódico "The Indepent", da revista de wordmusic "Songlines" e do portal web de artes escénicas "theartsdesk.com" tamén se interesou recentemente por Batuko Tabanka e próximamente veremos a súas referencias nos citados medios.
|