Follow us on Twitter
PAI prepara un novo proxecto educativo musical, Celtic Roots PDF Imprimir E-mail
Viernes, 11 de Junio de 2010 08:59

1q-1600x1200_thumb1

O estudio de grabación Casa de Tolos realiza xa as grabacións para o novo proxecto educativo musical de PAI Música, Celtic Roots, un traballo multidisciplinar que engloba a colexios de Nigrán,  Manchester e Bray e que contan co apadriñamento musical de músicos da talla de Xose Manuel Budiño (Galicia), Dónal Lunny (Irlanda) e Michael Mc Goldrick.

Celtic Roots xorde a raíz do intercambio educativo que o CEIP. HUMBERTO JUANES realiza dende o ano 2003 co colexio ST. JOHN´S PRIMARY SCHOOL de Manchester. É un proxecto interdisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e comunicación entre rapaces e rapazas de países que comparten unhas raíces culturais comúns: as raíces celtas.

Esta cultura é compartida por Galiza e Irlanda, país de onde proveñen as familias e o profesorado de St. John´s; e deste pais é a terceira escola deste proxecto: ST. CRONAN´S SCHOOL de Bray.

Entre as múltiples actividades que se están realizando entre as tres escolas PAI Música encargarase  da edición e promoción do proxecto musical centrado na música tradicional, que se plasmará nun libro cd-dvd de cancións tradicionais galegas e irlandesas, no que, ademais do profesorado, alumnado e familias das tres escolas, CEIP. HUMBERTO JUANES, ST.JOHN´S PRIMARY SCHOOL E ST. CRONAN´S SCHOOL, participarán músicos profesionais, contando coa colaboración de importantes figuras da música celta como Dónal Lunny de Irlanda, Michael Mc Goldrick de Manchester e Xose Manuel Budiño de Galicia.


Os padriños musicais de Celtic Roots

donal20lunny201

Dónal Lunny
bodhram, bouzouki, intrumentos de corda.

Nado en Kildare (Irlanda) no 1947, Dónal está na vangarda da evolución da música irlandesa dende hai máis de corenta anos.

Está considerado como chave central do rexurdimento da música tradicional dende finais dos anos sesenta. Foi un dos primeiros músicos en popularizar o buzuki dentro da música celta.

Criado nunha familia de músicos, Dónal tocaba en pubs dende ben neno. Xa de adolescente fundou varias bandas co seu amigo Cristy Moore (outra figura imprescindible no folk irlandés), e en 1971 forman Planxty xunto con Liam O'Flynn. Tamén formou parte de bandas coma Moving Hearts (con Davy Spillane) e The Bothy Band.

Nestes últimos anos especializouse en labores de produción e coma músico de sesión, sendo un colaborador e produtor habitual nos discos de Sinéad O'Connor, The Waterboys, Elvis Costello, Mark Knopfler ou Rod Stewart.

 

mcgoldrick

Michael McGoldrick
flauta, mandolina, guitarra, gaita irlandesa.

Nado en Manchester no 1971 e de pais irlandeses, Michael McGoldrick veuse animado a tocar na escena do folk tradicional dende moi neno. Xa aos 15 anos gañara varios premios e campionatos a nivel nacional, sempre vinculado á música celta. Empezou tocando o bodhram aínda que logo se cambiaría á flauta e demais instrumentos de vento.

Fundou varias bandas de música, como Toss the Feathers ou Lunasa. Pero o seu maior recoñecemento foi en 1998, cando entrou a formar parte da mítica banda escocesa Cappercaille da que aínda é membro hoxe en día.

Michael McGoldrick é un nome de referencia na actual escena folk,sendo nomeado Músico do Ano en 2006.

 

 

 

1225126513xose_manuel_budino-home-04Xosé Manuel Budiño
flautas, gaita galega.

Nado en Moaña, a comezo dos 80 vai á escola de gaitas "Semente Nova" de Moaña e completa a súa formación musical na Universidade Popular de Vigo. Participa na banda de gaitas Xarabal e, en 1991, funda o grupo Fol de Niu, colaborando posteriormente con bandas como Altan (Irlanda), Capercaillie (Escocia), Oskorri (Euskadi) ou artistas como Kepa Junkera e Uxía Senlle.

Músico, galego de orixe e universal polo seu fado, viaxeiro convencido, creador incansable, innovador por convencimento, soñador de melodías imposibles dende un pobo mariñeiro onde o vento convértese en música calma... Xosé Manuel Budiño é un artista atípico: é difícil atopar alguén que esperte tanta admiración entre os seus e entre o mundo da música celta en Galicia. Xosé Manuel Budiño inspírase nos pequenos sabores da música tradicional, pero sempre coa intención de crear unha música con estilo propio: a música que se pode converter en tradición nun futuro, non moi lonxano.

 

info

 

 

 

 

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Relacionadas