|
Presentación do traballo musical de Celtic Roots no auditorio Martín Códax do Conservatorio Sup. de Música de Vigo. Presentado por Avelino González e coa actuación en directo de parte do elenco de músicos participantes neste traballo: Michael McGoldrick, Dònal Lunny, Xosé Manuel Budiño, Angela Durkan, Rodrigo Romaní, Javier Feijóo "Chisco" e Segundo Grandío.

Se ainda non sabes que regalar este nadal, aquí tes a nosa proposta. Para os máis pequenos o novo traballo escolar realizado editado por PAI Música "Celtic Roots".
Celtic Roots é un proxecto educativo multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común. Este CD-DVD recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumnado dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John’s Catholic Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan’s School de Bray (Irlanda), e contou coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo.

PREZO 16,96 €

CONTIDOS do LIBRO 48 páxinas a todo cor Letras das cancións Breve historia de cada unha das cancións Textos en 4 idiomas (galego, castelán, inglés e gaélico)
CONTIDOS do CD 10 cancións CD-ROM Multimedia con (partituras (PDF), letras (PDF) e fotografías)
CONTIDOS do DVD 4 videoclips 4 videoclips con karaoke 1 video de cómo se fixo Audio 5.1
|