Follow us on Twitter
Reserva xa o libro disco de Celtic Roots. O disco deste nadal PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 02 Decembro 2010 12:26

Celtic RootsAgora xa podes reservar, previo ao lanzamento o día 11 de nadal, o novo traballo de Celtic Roots. Non perdas a oportunidade de ter ou regalar o disco deste nadal. Celtic Roots é un proxecto educativo multidisciplinar que ten como obxectivo afondar no coñecemento e na comunicación entre nenos e nenas de países que comparten unha cultura atlántica común. Galicia e Irlanda.

O libro CD-DVD de Celtic Roots recolle temas da música tradicional galega e irlandesa, interpretadas polo alumando dos colexios CEIP. Humberto Juanes de Nigrán (Galicia), St. John’s C. Primary School de Manchester (Reino Unido) e St. Cronan’s School de Bray (Irlanda), contando coa colaboración especial de Xose Manuel Budiño en Galicia, Michael McGoldrick no Reino Unido e  Dònal Lunny en Irlanda, que fixeron posible este traballo.

Otros músicos de renome que colaboraron no disco foron: Angela Durkin (UK), Antón Seoane (GZ), Ed boyd (UK), Emma Sweeney (UK), Graham Henderson (IR), Guillermo Fernández  “Guille” (GZ), James Mahon (IR), Javier Feijóo “Chisco”  (GZ), Luis E. Correa “O Caruncho”  (GZ), Magoia Bodega (GZ), Pancho Álvarez (GZ), Rodrigo Romaní (GZ), Xaquín Xesteira  (GZ).

Celtic Roots

PREZO 16,96 €

Reservar Celtic Roots

CONTIDOS do LIBRO
48 páxinas a todo cor
Letras das cancións
Breve historia de cada unha das cancións
Textos en 4 idiomas (galego, castelán, inglés e gaélico)

CONTIDOS do CD
10 cancións
CD-ROM Multimedia con  (partituras (PDF), letras (PDF) e fotografías)

CONTIDOS do DVD
4 videoclips
4 videoclips con karaoke
1 video de cómo se fixo
Audio 5.1


OUTROS TRABALLOS EDUCATIVOS

Un libro CD-DVD ilustrado que mezcla cuentos y música.  Un trabajo pensado como un complemento didactico para incentivar la lectura, que va dirigido a niños y niñas entre 3 y 7 años. El trabajo incluye CD con las canciones y un DVD con los videos y con las letras para cantar en formato "karaoke".  Un trabajo sencillo y directo que estamos seguros será la alegría de los pequeños y los no tan pequeños. Como aperitivo podéis ver uno de los video clip del trabajo. Meniños cantores" é un traballo pioneiro realizado con colexios de Galicia e do norte de Portugal. A iniciativa xurdiu da colaboración entre a organización educativa Ponte... nas ondas e os estudios Casa de Tolos. A presentación por parte das escolas integrantes do colectivo Ponte... nas ondas da candidatura ao Patrimonio Oral e Inmaterial Galego-Portugués ante a Unesco foi a chispa que prendeu esta iniciativa. O traballo consiste nunha exploración do patrimonio musical común a Galicia e Portugal, así como unha pequena ollada a un futuro posible. "Meniños cantores" consta dun CD de audio con 28 cancións, no que vai incluida unha pista interactiva con letras e partituras e un DVD cun documental sobre o proceso de realización do proxecto e outro documental sobre os costumes e a tradición oral comúns a ambos lados da fronteira, xunto cun videoclip de cada colexio participante. "Operación Can" é un traballo impulsado pola UPAFGA (Unión de Protectoras de Animais Federadas de Galicia) e naceu co obxectivo de estimular á xente máis nova, utilizando a música como medio, da necesidade de coidar o noso entorno e medio ambiente e moi especialmente aos animais e as plantas. Para elo, que mellor que facer un concurso musical e que os propios rapaces fixeran unha canción orixinal cantada en galego. O premio era a gravación dun disco coas mellores cancións e os propios rapaces elixirian as cancións mediante os seus correos electrónicos. 32 cancións chegadas de toda a xeografía galega competiron polo premio e case 10.000 mensaxes electrónicas decidiron a selección final. As 6 cancións máis votadas foron premiadas coa gravación dun videoclip. "Operación Can" consta dun CD de 16 cancións e un DVD con 6 videoclips, un "como se fixo" e un documental sobre o funcionamento das Protectoras de Animais en Galicia.

Cores do Atlantico

comprar_aqui_gl

comprar_aqui_gl

comprar_aqui_gl

comprar_aqui_gl