Follow us on Twitter
Xa está de volta Plástico Elástico en Radio PAI PDF Imprimir Correo-e
Xoves, 12 Xaneiro 2012 11:58

2nd Roack-a-billy Boggie Night

Xa estamos de volta. Despois de dúas ¿merecidas? semanas de vacacións, abrimos o novo ano en Plástico Elástico adicando íntegramente a nosa 1ª Edición de 2012 ao 2nd Rock-A-Billy Boogie Night.

Durante 60 minutos e da man de Martín Esturao e Ducky (Cantante/Guitarrista e Manager respectivamente da formación compostelana Doctor Gringo) ofrecemos tódolos detalles do que vai ocorrer o vindeiro Sábado 21 de Xaneiro na Discoteca Sarela de Compostela.

Escoitamos a tódalas bandas que formarán parte do cartel: The Caravans (Portsmouth, UK), Furious (Liverpool, UK), Teté y Los Ciclones (Madrid) e The Kanaloas (A Coruña).

Sorteamos Entradas e CD's de Doctor Gringo entre todos(as) os(as) nosos(as) oíntes. Para participar nos sorteos, envíanos un Mail ao Enderezo Electrónico do programa, indicándonos os teus datos persoais e respondendo correctamente ás preguntas formuladas nesta edición.

Nesta edición soaron: "Rock-A-Billy Boogie" de Johnny Burnette, "Ol River Blue" e "Gun Beats, Four Aces" de The Caravans, "No Ifs No Buts No Maybes" e "Crazy Hight School Baby" de Furious, "Boppity Bop" de Teté y Los Ciclones, "Shark Attack" de The Kanaloas, "Crazy Mademoiselle" de Doctor Gringo e "Rock-A-Billy Boogie Night" de Robert Gordon.

Sintonízanos On Line os Xoves ás 23.00 en Radio Pai e ao longo da semana en Cuac F.M., Radio Kalimera, Radio Filispím, Radio Roncudo, Radio Neria e Radio Ordes (Consulta os novos horarios e frecuencias na páxina de información do noso Facebook).

Podes descargar o Podcast na sección de podcasts de Plastico Elastico en Radiopai

 

Plástico Elástico

www.plasticoelastico.com

facebook.com/plasticoelastico

www.akalimera.org

www.radiopai.com

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 

Acceso

Rexístrate para recibir todas as novas de PAI Música



Relacionadas